Recensións

Réquiem por unha invisible

Durante anos, na parte de atrás da miña estantería estivo agochado un exemplar de La petición, de Michèle Desbordes (EDAF, 2000). Comprárao nunha librería do pobo, desas tan pouco transitadas que as páxinas dos libros van adoptando un ton amarelento escuro que delata a súa idade, coma os aneis concéntricos do tronco das árbores.

Daquela, nin oíra falar de Desbordes nin tiña referencia algunha sobre a súa obra. Os criterios polos que me guiei foron o prezo (baixo) e a mención ao Premio Goncourt que figuraba na portada. Poida que precisamente pola vaguedade dos motivos a novela quedase esquecida nun andel e, pouco a pouco, fose soterrada por outras máis atraentes, máis actuais ou -debo admitilo- mediáticas.

Ata que caeu nas miñas mans El vestido azul (Editorial Periférica, 2018) e o nome da súa autora me fixo volver pensar nela. De feito, en canto rematei de ler esta obra -de devorala, para ser exacta-, o meu primeiro impulso foi correr a rescatala do esquecemento. Apetéceme comprobar se a escrita da francesa foi sempre así de marabillosa. Porque esa é a palabra xusta para definir El vestido azul: un texto marabillosoSeguir lendo

Estándar
Listas de lecturas
  • Nicholls, David. Nosotros. Editorial Planeta. Barcelona, 2015. 472 páxinas.
  • Swift, Graham. El domingo de las madres. Editorial Anagrama. Barcelona, 2017. 168 páxinas.
  • Ramis, Llucia. Cosas que te pasan en Barcelona cuando tienes 30 años. Editorial Barrett. Barcelona, 2018. 257 páxinas.
  • Mew, Charlotte. Algunas formas de amor.  Editorial Periférica. Cáceres, 2018. 228 páxinas.
  • Gornick, Vivian. Apegos feroces. Sexto Piso. Madrid, 2017. 224 páxinas.
  • Aldecoa, Josefina R. Mujeres de negro. Editorial Anagrama. Barcelona, 2006. 208 páxinas.
  • Duras, Marguerite. Cuadernos de la guerra. Ediciones Siruela. Madrid, 2008. 368 páxinas.

Lecturas pendentes (vol. 1)

Aparte
Recensións

A comedia humana, por Sally Rooney

Chego tarde a Sally Rooney. Non dun xeito irreparable, tan só cun lixeiro retraso. Como pode ser iso, cando a primeira novela súa traducida ao español foi publicada este verán, e aínda nos atopamos baixo a súa influencia (a do verán, quero dicir)? Pois porque facendo unha busca rápida na Internet, descubrín que no seu país vén de aparecer Normal people (Faber & Faber, 2018), unha obra que está a recibir tan boas críticas coma a anterior.

Coa triste conciencia de estar a apuntarme a un hype extemporáneo, a un boom a deshora, gocei igualmente dunha lectura con tantas capas que a súa análise requeriría non só un artigo, senón unha serie deles. Porque, para comezar, Conversaciones entre amigos (Literatura Random House, 2018) é unha novela sobre a condición humana -unha noción que remite ao Existencialismo, que Malraux me perdoe por tomarlla prestada-. O particular, encarnado aquí por uns cantos momentos puntuais das vidas da protagonista, Frances, e dos seus compañeiros de escena: Bobbi, Melissa e Nick, adquire un certo valor de universal grazas á profundidade da exploración realizada ao nivel da súa psique.  Seguir lendo

Estándar